5.11.09

É unha falta de respecto:

1- Non escoitar ao profe cando fala.
2- Non gritar
3- Non pegar
4- Non estroprear os ordenadores dos demais.
5- Non desobedecer ao profe
6- Ignorar ao profe
7- Romper os lapices dos demais
8- Pegar os papeis ao techo
9- Cantar cando traballas
10- Romper gomas

Raúl Brea Fernández - 3ºA

Escribe a túa opinión

30.10.09

Temos pouca paciencia



- Para esperar nas colas do mercado.
- Para esperar para ir ao baño.
- Para esperar o meu turno para xogar.
- Para esperar a que chegue o meu cumpreanos.
- Para esperar que chegue algo que me guste.
- Miramos a hora a cada rato.
- Non esperamos a cola no supermercado.
- No cumpreanos para abrir os regalos.



Alicia e Kenny - 4ºA

Escribe a túa opinión

A paciencia

Despois de traballar este valor imos escribir dez situacións onde hai que ter moita paciencia:
- Cando sexa o teu cumpreanos non perdas a pacencia por abrir os regalos.
- Cando che caia un dente non poder durmir por esperar polo Ratonciño Pérez.
- Cando eteas no supermercado non perder a paciencia na cola.
- Cando veñan os Reis Magos non querer durmir para ver os regalos.
- Cando toque a hora do recreo mirar constantemente o reloxo.
- Non gritar no médico cando estas nervoso esperando a vez.
- Non esperar o turno no cine.
- Cando só che queda un exercicio de matematicas non perder a paciencia.
- Cando estás xogando a un videoxogo que se che acabe a batería non perder a paciencia.
- Cando estás xogando cun un cubo de rubic e só che queda unha cara que se che desmonte todo.

Vero e Diego - 4ºA

Escribe a túa opinión

19.5.09

Letras galegas 2009

Algunhas actividades feitas con LIM sobre Ramón Piñeiro.



Escribe a túa opinión

13.3.09

Os dinosaurios

Un can que se chama Tris foi a pasear co seu dono a Madrid en coche e ao chegar o can perdeuse e logo o seu dono encontrouno e tiña na boca un oso de dinosaurio ¿onde o atopou? No cementerio de dinosaurios. Tamén encontraron un ovo de dinosaurio do que saiu un pterosauro e correron ata chegar a Canarias.

Yaiza-2º e Óscar-1º

Escribe a túa opinión

A ala do dragón de prata

Todos querían a ala do dragón de prata así que quixeron partila pero non puideron porque se quedaron sen cubertos de metal.



Cristian - 2ºB



Escribe a túa opinión

Quincallú

Érase unha vez un rei que se chamaba Quincallú e todo o mundo o quería e vivía nun castelo. Un día veu ao pobo porque ía a ser coronado e a coroa era máxica e non a puido poñer. Máis tarde apareceron dous nenos e lle dixeron a palabra máxica que era plis para que a puidera poñer. Ao final logrou poñer a coroa gracias aos nenos. E colorín colorado este conto rematou.

María- 2º e Lara - 1º

Escribe a túa opinión

A morte do cabaleiro

Erase unha vez un pobo moi lonxano onde vivia un rei coa súa princesa nun castelo. No castelo vivía unha bruxa que raptou á princesa. O seu guerreiro deuse conta do que ocurriu e mmmm…. Que estrano: dixo o guerreiro. Reeeeeiiiiiii reeeeeeiiiiiii a bruxa secuestrou á princesa. E o rei chamou ao seu mellor cabaleiro con todo o su exército . En canto o exército veu o castelo o cabaleiro dixo: ao ataque!!! . E os arqueiros atacaron ás torres . Unha frecha desviada alcanzou ao cabaleiro e a infantería gañou a batalla.

Marcos - 2º e Manuel - 1º

Escribe a túa opinión

O ranger e o malvado

Érase un grupo de rangers que se atopou con un malvado que quería destruilos e deixounos fora de combate. Pero aínda quedou un ranger que savou a súa pistola de fuego e derrotou ao malvado.



Juan - 1º e Álvaro - 2º

Escribe a túa opinión

1.2.08

Os astronautas

Os nenos e nenas de 1º imos ir de Astronautas no desfile de entroido. Inventamos unha historia e fixemos un comic. Pasámolo moi ben facéndoo.









Alumnos de 1ºA

Escribe a túa opinión

8.1.08

Noticia do Espacio


Noticia: Neste ano 2008 apareceu un novo planeta moi parecido a unha flor. O seu nome é: FLIN.



Eider Carballeira - 1ºA

Escribe a túa opinión

14.6.07

Xa temos páxina web

Despois de dous anos adicándolle máis ou menos tempo segundo as ocupacións do momento, por fin publicamos a web do colexio. Hai pequenas cousiñas que iremos arranxando e outras sen rematar pero decidímonos xa a compartir o que levamos feito. Admítense críticas.




Escribe a túa opinión

29.5.07

O rei malvado

Érase unha vez un rei malvado. Un día un home perdeuse e os gardas do rei raptárono. O home dixo:
- Levádeme ante o rei para que se faga xustiza.
- Vale, como tí queiras, pero xa verás o que pasa.

Chegaron: pum, pum, pum,...

- Que entre quen sexa!, dixo o rei.
- A miña maxestade, un home perdeuse.
- Pois que entre.
- Ola, a miña maxestade.
- Eu coñézote. Eres o aldeano que me vendeu o gorro que cando cheguei ao castelo derritíuseme coma un anaco de chocolate cando o pós ao lume. ¡Levalo ás mazmorras!. Ja, ja, ja,...

O aldeano quixo explicarse pero non lle deixou.

O rei foi á cociña e díxolles aos cociñeiros:
- Tedes unha hora para facer o que eu diga: para o prisioneiro queixo con vermes mortos -pero sen que se vexan- , un anaco de torta de chocolate caducado e polbo con anacos de rato.
- Prisioneiro, toma a túa comida.
Todos se riron do aldeano, e no alboroto este aproveitou para collerlle as chaves ao carceleiro e sair correndo. Cando o ían a capturar tiroulle as chaves á cabeza dun garda e puido finalmente escapar. Da rabia, ao rei deulle un ataque ao corazón e morreu deixando ao seu pobo vivir feliz.

Iván - 3ºB


Escribe a túa opinión

7.5.07

Mil grazas!


Acabamos de enterarnos de que a nosa blog "O Redactor dixital" foi seleccionada como Finalista no I Premio Espiral Edublogs na categoría de Blogs de aula. Toda unha honra dada a calidade das bitácoras que se presentaron. O vindeiro domingo 13 de maio saberemos quen gañou definitivamente o premio, pero xa nos sentimos recompensados con chegar ate aquí. Mil grazas!.



Somos finalistas nos I Premios Edublogs

Escribe a túa opinión

31.3.07

O Noso colexio

Este ano estamos moi atarefados no cole: estamos rematando a páxina web, desenvolvendo un proxecto para traballar a Igualdade, un novo libro sobre "A auga", o proxecto de Voz Natura, recibimos o 1ª Premio de Innovación Educativa sobre a sostenibilidade polo traballo do curso pasado: "O valor dos montes: Os incendios forestais", unha alumna do centro foi a seleccionada no concurso "Ponlle nome ao polbo",... Por se non coñecedes o noso centro, ahí van unhas fotos.


Escribe a túa opinión

2.2.07

A Paz é moi bonita

A paz é moi bonita e preciosa. A paz celébrase en Xaneiro. A Paz non é un conto bonito. A Paz faise pouquiño a pouco e non se pode comprar con diñeiro.

Laura e Jose - 3ºA

Escribe a túa opinión

A Paz do Mundo

A paz é o símbolo do amor, a amistade e a compañía. Se houbese guerra algúns dos nosos familiares morrerían. Grazas á PAZ xa non hai Guerra no noso mundo e así os nosos familiares non morren. Así haberá igualdade, amor e amistade no noso mundo chamado TERRA.

Natalia - 3ºB




Escribe a túa opinión

A Igualdade

A igualdade é moi importante para a paz. Sobre todo porque os homes e as mulleres a maioría das veces non convivimos.

Roberto e Iván - 3ºB

Escribe a túa opinión

A Paz

A PAZ é fermosa e linda, e cando soltamos a POMBA DA PAZ aínda é máis fermosa e linda. Nos somos a PAZ dos nosos pais porque dámoslle a felicidade e o sorriso.
¡NOS SOMOS A PAZ NO MUNDO!. ¡VIVA A PAZ!.

Sara P. e Lucía - 3ºB

Escribe a túa opinión

A Paz e o Amor

A paz é moi importante na Terra, para que pare a guerra. O amor tamén é moi importante para querer os amigos e a familia.
Sara M. e María T. - 3ºB

Escribe a túa opinión

This page is powered by Blogger. Isn't yours?