<$BlogRSDURL$>

20.5.04

A nosa clase

Chamámonos Andrea e Alba , imos falar da nosa clase : empezamos con dúas amigas que se chaman Andrea e Yanire, polo lado bó son unhas amigas que gardan moi ben os segredos ,e son moi boas . Polo lado malo non teñen nada de malo. Agora imo falar de Rubén: é moi cotilla e sempre se mete en todo. Fernando enfádase moito e chora por nada. O resto da clase hai xente bóa e xente mala , xente travesa pero…

É A NOSA CLASE
Alba Serén e Andrea Rey - 4ºB


Escribe a túa opinión

14.5.04

Quad

Os quad son motos a 4 rodas que teñen un bó motor. Teñen rodas resistentes e para nós son as mellores. Hainas de moitos tamaños e cores chulos e con elas pódense facer carreiras.
Para decoralas pódeslle poñer pegatinas para que che quede máis guai.

Non son coches, non son motos... son Quads


David e Anxo - 4ºB

Escribe a túa opinión

13.5.04

O cantante Ramón

¡Ola! Imosvos falar de Ramón (o de “Operación Triunfo"). Este ano vai a ser el o que participe no festival de Eurovisión.
Vai cantar unha canción moi chula chamada “Para llenarme de ti”,
este sábado día 15 de Maio de 2.004. A hora non a sabemos pero vai ser pola noite. A ver se este ano Ramón supera os resultados dos seus compañeiros. Gañe ou non gañe, estamos seguras de que o pasaremos moi ben ese día, e tamén de que todos vós o pasaredes xenial.
Agora por se ainda non o coñecedes imos poñer unha foto del.

O cantante Ramón en Eurovisión


Yanire e Andrea - 4ºB

Escribe a túa opinión

This page is powered by Blogger. Isn't yours?