<$BlogRSDURL$>

28.10.05

O castiñeiro triste

Érase unha vez un castiñeiro novo que estaba moi triste porque non daba castañas.


Os cogumelos consolábano.


- Tranquilo que xa sairán.


Pero o castiñeiro seguía triste porque se non daba castañas podía vir un leñador e cortalo para leña.
Pasou o tempo e ao castiñeiro novo empezaron a sairlle uns bultos con pinchos e a caerlle as follas. Pensou que estaba enfermo.


Os bultos eran cada vez máis grandes e o castiñeiro choraba de pena.
Un deles fíxose tan grande que abriu e... ¡Caeulle unha castaña!.


Un castiñeiro vello que alí había contoulle que os castiñeiros so daban castañas en Outono e o que lle pasara era moi normal.


O castiñeiro novo púxose moi feliz.

E colorín, colorado, este conto está rematado.

Os libros son sempre os nosos amigos e compañeiros

Conto realizado polos nenos e nenas de 2ºB

Escribe a túa opinión

This page is powered by Blogger. Isn't yours?