<$BlogRSDURL$>

30.1.07

A Paz no mundo

A paz no mundo é moi importante porque se hai guerras non hai paz nin vida no noso mundo. Vouvos contar unha cousa: eu e a miña amiga Sara -é unha amiga moi especial- non podemos estar un segundo sen ser amigas porque nos preocupa a paz e nos preocupa que algun día non sexamos amigas como lles pasa a moita xente neste mundo, en Irak hai moita guerra e morre moita xente e nenos e nenas que morren antes de vivir a súa vida. E por iso é moi importante que non haxa guerras porque así coas guerras destrúense moitas vidas.
Esperamos que lles sirva de algo. E que respecten a paz.


Sara M. E Andrea V. - 4ºB


Escribe a túa opinión

A Paz na nosa Terra

A PAZ é moi importante para a nosa Terra porque se non temos PAZ morreríamos. As guerras son malas porque destrozan o planeta. A PAZ é o simbolo do AMOR e a ESPERANZA do PLANETA TERRA. Na PAZ hai moitas AMIZADES e AMIGOS. Coa PAZ pódense realizar moitas conversacións.
En vez de haber guerras hai que ter PAZ.


Mahewa e Andrea - 4ºB


Escribe a túa opinión

A pomba e o militar

Erase unha vez unha pomba menxaseira que foi á guerra, levaba a menxase máis importante do mundo, a paz no mundo fixérase realidade, pero con tanta viaxe cansouse de tanto voar e caeu nunha base militar. A pesar diso, un militar salvouna e a paz no mundo reinou para sempre.


Manuel, Jose e Pedro - 4ºB


Escribe a túa opinión

Máis desexos

NON á guerra,

SI á paz,

Que os nenos e nenas sexan felices.

Nos, os nenos e nenas de o colexio C.E.I.P. O PIÑEIRIÑO, queremos que todo o mundo sexa feliz.

Roberto A. e Antón - 4ºA


Escribe a túa opinión

Tradicións

As tradicións son festas tradicionais, xogos tradicionais, etc. Hoxe celébrase unha festa que se chama o Día da Paz. Botar unha pomba ao aire é unha tradición neste colexio. Hoxe trátase de facer a Paz en todo o mundo. Hai moita xente que se pelexa o Día da Paz. Hai tamén xente que reza para que se acaben todas as guerras nos seus paises.

Eloi e Ricardo - 4ºB


Escribe a túa opinión

A pomba e a amistade

Había unha vez unha Pomba da Paz que tiña moitos amigos. Un día foron ao parque e viñeron moitos gamberros, a pomba da paz estaba xogando ao fútbol e lle dixeron que o parque era deles.
A pomba díxolles:
- ¿Por que non xogamos todos?.
E dixeron os gamberros:
- Está ben, xogaremos todos xuntos e compartiremos o balón.

Roberto G. e Saúl - 4ºA



Escribe a túa opinión

O noso colexio

O noso colexio chámase O Piñeiriño. É moi bonito. Hai moitos nenos e nenas. Ao lado hai unha parada de autobuses. Na entrada hai tartarugas. Por abaixo está a entrada dos pequenos, e por arriba a dos maiores. Na parte de arriba está o ximnasio, ao lado está o patio dos maiores. Na pista de cemento hai dúas porterías para xogar ao fútbol, e tamén dúas canastras para xogar ao baloncesto. Dentro do colexio hai pitiños pequenos e grandes. FELIZ DÍA DA PAZ!.

Laura e Aroa - 4ºB

Escribe a túa opinión

Os desexos da Paz

Que teñamos solidaridade entre os homes.
Que non suframos máis guerras no mundo.
Que tódolos nenos puidamos aprender e non nos leven ás guerras.
Que as pombas non morran.
Que aínda que os moi malos se portasen moi mal non os sacrifiquemos.
Que non teñamos náis incendios.

Carmen e Tania - 4ºB


Escribe a túa opinión

Paz e Guerra NON

Era unha vez un zorro moi malo que quería a guerra. Todos estaban contra el.
Veu unha fermosa zorra o conquistouno e deixou de ser malvado.
Veu a súa nai e lle preguntaron:
– ¿es mala?
Ela contestou:
- si, son mala porque son a nai do zorro malvado.
Pero como xa non o era salvouna para sempre.


Noelia e Andrea - 4ºA

Escribe a túa opinión

O Símbolo da Paz

O simbolo da paz é coma unha árbore sen follas e con 3 polas e unha esfera arredor. Tamén é o símbolo antinuclear e dos hippies.



Sara, Marta e Rebeca - 4ºA

Escribe a túa opinión

Desexos

Desexos neste Día da Paz: NON máis guerra, non máis mortes e non máis inxustizas.
Máis amor, máis amistade, máis bondade, máis Paz e máis igualdade.¡Queremos máis PAZ ! E tamén queremos que coidedes a Natureza. ¡NON mais Guerras! .

Xulio e Gloria - 4ºA


Escribe a túa opinión

A Pomba da Paz

Erase unha vez unha pomba da Paz que sempre estaba viaxando por todo o mundo. Tras viaxar moito tempo seguido, decidiu quedar unha temporada nunha pequena vila moi silenciosa preto do mar. Alí sentíase moi ben, pero lle faltaba algo, un pouco de amor e de paz, porque nesa vila so vivía unha pequena familia seguidora da paz que xa perdera a esperanza de que puideran salvar o mundo da guerra.
A pomba acercouse a eles e todos enchéronse da alegría que lles trouxo. A familia decidiu intentalo de novo e conseguiron por fin o que querían: salvar o mundo das guerras.


Jorge e Ana - 4ªA


Escribe a túa opinión

A Paz e o Amor

Paz da alma

Paz do meu corazón.

Da alegría e amor a todo o mundo,

e que todos teñan un bo corazón.

Laura e Alba - 4ºA


Escribe a túa opinión

This page is powered by Blogger. Isn't yours?