<$BlogRSDURL$>

29.5.07

O rei malvado

Érase unha vez un rei malvado. Un día un home perdeuse e os gardas do rei raptárono. O home dixo:
- Levádeme ante o rei para que se faga xustiza.
- Vale, como tí queiras, pero xa verás o que pasa.

Chegaron: pum, pum, pum,...

- Que entre quen sexa!, dixo o rei.
- A miña maxestade, un home perdeuse.
- Pois que entre.
- Ola, a miña maxestade.
- Eu coñézote. Eres o aldeano que me vendeu o gorro que cando cheguei ao castelo derritíuseme coma un anaco de chocolate cando o pós ao lume. ¡Levalo ás mazmorras!. Ja, ja, ja,...

O aldeano quixo explicarse pero non lle deixou.

O rei foi á cociña e díxolles aos cociñeiros:
- Tedes unha hora para facer o que eu diga: para o prisioneiro queixo con vermes mortos -pero sen que se vexan- , un anaco de torta de chocolate caducado e polbo con anacos de rato.
- Prisioneiro, toma a túa comida.
Todos se riron do aldeano, e no alboroto este aproveitou para collerlle as chaves ao carceleiro e sair correndo. Cando o ían a capturar tiroulle as chaves á cabeza dun garda e puido finalmente escapar. Da rabia, ao rei deulle un ataque ao corazón e morreu deixando ao seu pobo vivir feliz.

Iván - 3ºB


Escribe a túa opinión

7.5.07

Mil grazas!


Acabamos de enterarnos de que a nosa blog "O Redactor dixital" foi seleccionada como Finalista no I Premio Espiral Edublogs na categoría de Blogs de aula. Toda unha honra dada a calidade das bitácoras que se presentaron. O vindeiro domingo 13 de maio saberemos quen gañou definitivamente o premio, pero xa nos sentimos recompensados con chegar ate aquí. Mil grazas!.



Somos finalistas nos I Premios Edublogs

Escribe a túa opinión

This page is powered by Blogger. Isn't yours?