28.10.05
O castiñeiro triste
Érase unha vez un castiñeiro novo que estaba moi triste porque non daba castañas.
Os cogumelos consolábano.
- Tranquilo que xa sairán.
Pero o castiñeiro seguía triste porque se non daba castañas podía vir un leñador e cortalo para leña.
Pasou o tempo e ao castiñeiro novo empezaron a sairlle uns bultos con pinchos e a caerlle as follas. Pensou que estaba enfermo.
Os bultos eran cada vez máis grandes e o castiñeiro choraba de pena.
Un deles fíxose tan grande que abriu e... ¡Caeulle unha castaña!.
Un castiñeiro vello que alí había contoulle que os castiñeiros so daban castañas en Outono e o que lle pasara era moi normal.
O castiñeiro novo púxose moi feliz.
E colorín, colorado, este conto está rematado.
Escribe a túa opinión